20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano
20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano

Un camiño para descubrir “quen son eu”

Un camiño para descubrir “quen son eu”

A delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria peregrinou a Santiago de Compostela desde Tui cun grupo de 20 persoas de diferentes realidades da diocese: sacerdotes, universitarios, adolescentes scouts, seminaristas e mozos de diferentes parroquias. Durante unha semana, aventuráronse a camiñar cara á cidade do Apóstolo, gozando de momentos de reflexión persoal que, na maior parte dos casos, suscitaron un proceso de conversión e profundización na fe, tal e como explica Marta Caride, unha das participantes a través do seu testemuño.

O meu nome é Marta Mª Caride Pérez, de Ourense. Estudo Enxeñería da Enerxía na Universidade de Vigo e fun ao Camiño de Santiago coa Diocese de Tui-Vigo.

En verdade dígovos, tiña unha idea completamente distinta da que me atopei. Eu apunteime ao Camiño de Santiago por un motivo: era un  súper plan de verán para coñecer xente e esquecerse un pouco deste último ano de pandemia. Ademais de pasarmo moi ben, tiven a gran sorte de poder saber quen son.  Carol, unha das principais  coordinadoras de loxística, na hora de formación puxo a canción “Quen dis que son” onde aí che daba a resposta á pregunta máis importante de todo o camiño: “Quen son eu? Quen son eu despois do meu encontro con Xesús?”. Con moita facilidade agora sei responder: “Son Filla de Deus”.

Son Filla de Deus nas miñas alegrías, nas miñas tristezas, na miña  vagancia, na miña solidariedade. Divos vas querer en todo o noso ser, e para todo, porque Deus ten unha idea distinta para cada persoa; porque cada un de nós somos especiais e diferentes para El. Grazas ao camiño podo dicir que descubrín a parte máis importante para conseguir levar a cabo o seu proxecto pensado para min.

Marta Mª Caride Pérez.
Camino de Santiago 2021
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp