28 de Abril de 2025,
San Pedro Chanel

Un encontro ecuménico para camiñar xuntos

Un encontro ecuménico para camiñar xuntos
FOTO.- La delegación de Ecumenismo y Relaciones Interconfesionales organizó un encuentro de oración con representantes de las Iglesias ortodoxa, evangélica y anglicana | © Diocese de Tui-Vigo

No marco da Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns, a delegación de Ecumenismo e Relacións Interconfesionais da diocese de Tui-Vigo organizou un encontro con representantes da Igrexa ortodoxa, anglicana e evanxélica, o xoves 25 de xaneiro, no templo parroquial «María, nai do bo pastor». Á cita tamén acudiu Mons. Luís Quinteiro, bispo de Tui-Vigo, que destacou que «o noso testemuño ten que ser o camiñar xuntos», afirmando que o encontro «vai dar froito porque o mundo necesita a Xesucristo».

Ao longo do encontro, os representantes das diferentes confesións cristiás manifestaron a importancia de poñer a mirada nos elementos da fe que unen, para continuar crecendo e difundindo o amor de Xesucristo. O prelado tudense tamén destacou que «non podemos predicar a Xesucristo sen achegarnos a el, porque é a clave da nosa vida; se Xesucristo non é o centro, a nosa fe non ten sentido» e engadiu que «o mundo necesita que a nosa voz sinta e por iso é moi importante que esteamos aquí rezando».

Con este encontro de oración, a diocese de Tui-Vigo clausurou a Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns que se celebrou, do 18 ao 25 de xaneiro, baixo o lema «Amarás ao Señor, o teu Deus… e ao próximo como a ti mesmo».

Semana de Oración por la Unidad de los Cristiano | © Diocese Tui-Vigos 2024
La delegación de Ecumenismo y Relaciones Interconfesionales organizó un encuentro de oración con representantes de las Iglesias ortodoxa, evangélica y anglicana
« de 10 »