19 de Abril de 2024

,

San León IX
19 de Abril de 2024

,

San León IX

Un encontro virtual para unha Misión Compartida en tempos de COVID

Un encontro virtual para unha Misión Compartida en tempos de COVID

Secretaría Misión Compartida reuníase este mércores para falar do novo curso académico e pastoral; asistían de maneira virtual para garantir a seguridade fronte ao  COVID. O grupo estaba formado por dezaseis representantes de centros educativos e delegacións diocesanas.

Entre os asistente atopábase o noso bispo, don Luís Quinteiro, quen iniciaba o seu saúdo agradecendo a presenza dos participantes. Don Luís alentoulles a continuar traballando xuntos, a non ter medo ante as circunstancias que estamos a vivir pero, sobre todo, insistiu en aproveitar as oportunidades para poñer en marcha proxectos que poidan provocar unha nova actitude e respostas máis positivas.

Tamén participou o delegado de Misións, don Gonzalo Otero, quen explicou que este ano a proposta para a celebración do  DOMUND será principalmente  online. Neste sentido, a Diocese non contará coa visita habitual dun misioneiro, que participe dando testemuño nos diferentes centros educativos.

David Viso, un dos coordinadores de segregaríaa Misión Compartida, animaba aos asistentes para compartir proxectos e ideas para este novo curso co obxectivo de crear un ambiente de comunidade e solidariedade, xa que, debido á situación sanitaria actual, non se poderán levar a cabo as actividades conxuntas realizadas en anos anteriores.

Segregaría Misión Compartida

O 12 de setembro nacía secretaría Misión Compartida, un proxecto que busca fomentar a colaboración entre os centros educativos da Diocese de Tui-Vigo. A iniciativa conta tamén co apoio e a participación das delegacións de Pastoral Xuvenil, Pastoral Vocacional, Catequese e Misións.

Durante o curso pasado, os centros celebraron varias actividades en conxunto co obxectivo de visibilizar o Evanxeo de Deus no contesto da vida académica de colexios e institutos. Os fitos máis significativos do curso 2019-2020 foron a  Vixilia da luz, celebrada en outubro na Igrexa de Mª  Auxiliadora, e o Encontro Escolar pola paz, celebrado en xaneiro deste ano.

Todos aqueles que estean interesados en participar desta iniciativa poden poñerse en contacto cos seus responsables, David Viso e María Eugenia Palencia, a través do correo electrónico: secretariamisioncompartida@gmail.com.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp