10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida
10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida

Un fregués de Camos  constrúe unha réplica da basílica lusa do Rosario en Fátima

Un fregués de Camos  constrúe unha réplica da basílica lusa do Rosario en Fátima
FOTO.- Feliciano Figueiró, junto a la réplica de la basílica de Nuestra Señora del Rosario en la explanada del santuario luso de Fátima

O pasado mes de maio, as parroquias de Santa Mariña de Vincios , Santa Eulalia de Camos  e San Xosé de Chandebrito  peregrinaron ao santuario de Fátima en Portugal. Un dos fregueses de Camos , Feliciano Figueiró Alonso, de 86 anos, acudiu cunha maqueta en madeira, unha réplica de máis dun metro de altura, da basílica lusa da nosa Señora do Rosario que regalou ao Museo do Santuario.

Feliciano Fiegueiró aprendeu a construír  maquetas pola súa conta, durante as longas travesías polo pacífico que, ao longo de 18 anos, realizou como mariñeiro nos barcos mercantes ingleses. Como non podía ser doutro xeito, comezou elaborando réplicas de barcos ata que a afección levoulle a replicar catedrais, igrexas e santuarios, entre eles as catedrais de Santiago de Compostela ou de Tui ; así, ata superar a trintena de maquetas.

A raíz de varias viaxes a Fátima coa súa muller, Feliciano decidiu replicar tamén a basílica da Nosa Señora do Rosario, que describe como «impresionante». O proceso de elaboración de toda a maqueta comezou coa toma de moitas fotografías, a partir das que debuxou un bosquexo tomando as medidas aproximadas da base do templo para poder crear unha escala; Feliciano explica que a base é o primeiro porque hai que «empezar ben, se non, logo, teño problemas».

Cando se decatou de que a parroquia de Camos, á que pertence, organizaba unha peregrinación a Fátima, contoulle ao seu párroco que tiña unha réplica da basílica lusa e que «se puidese, querería regalala, como fixen coas outras. El dixo: “iso está feito”. E así o fixemos». Agora, Feliciano Figueiró está contento de ver esta réplica no Museo do Santuario de Fátima; unha réplica, un legado —expresa—, «para os meus netos e os meus veciños».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp