10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida
10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida

Un porriñés casado e con dous fillos e un seminarista célibe recibirán o ministerio do Acolitado

Un porriñés casado e con dous fillos e un seminarista célibe recibirán o ministerio do Acolitado
FOTO.- A la izq., Miguel Fernandes; a la drcha., Manuel Marín | © Diocese de Tui-Vigo

O domingo 1 de decembro, ás 19.00 horas, na capela do Seminario Maior «San Xosé» en Vigo, o seminarista da diocese de Tui-Vigo, Miguel Fernandes, e o candidato ao diaconado permanente, Manuel Marín, recibirán o ministerio do Acolitado nunha celebración presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín Valdés. Este ministerio, que os achega a ambos un pouco máis ao primeiro grao da Orde Sacerdotal, o diaconado, conleva a responsabilidade de colaborar na preparación do necesario para as celebracións litúrxicas —de modo extraordinario, poden distribuír a comuñón—, e na instrución dos fieis para recibir os sacramentos. En ambos os casos, o acolitado é un paso previo e de aprendizaxe para recibir o diaconado, que no caso Manuel Marín será un estado e ministerio xa permanente e no do seminarista Miguel Fernandes será unha situación transitoria cara ao presbiterado.    

Miguel Ángel Fernandes de Andrade (Maracay, Venezuela, 1977) provén dunha familia numerosa de nove irmáns, cuxos pais de orixe portuguesa emigraron a Venezuela. É licenciado en Contadoría Pública, pola Universidade de Oriente, en Monagas, Venezuela; posteriormente, traballou como funcionario en Pao de Açucar  do Grupo Auchan (Portugal). Desde setembro de 2018, tras o seu desexo de ser sacerdote, entra como seminarista no Seminario Maior «San José» de Vigo, onde realizou os estudos de Teoloxía.

Manuel Marín Cobos (Lucena, 1964) crece nunha familia numerosa de cinco irmáns homes. Aos 18 anos, ingresa na Mariña Española con vistas a facer o seu futuro na Armada. En 1990, deixa a Mariña e comeza a súa traxectoria laboral na empresa de Aceiros Inoxidables do Grupo Acerinox que, en 1997, trasladarao ao Porriño como delegado comercial; desde entón, colabora asiduamente na parroquia porriñesa de Santa María. En 2021, tras realizar un curso de Teoloxía, comeza a súa formación para recibir este sacramento á Orde. Cabe dicir que, desde 1988, está casado e ten dous fillos.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp