Todo comezou hai un ano, cando Aragonta Rodríguez quería saber cando se celebraba o seu santo. As súas dúas irmás, Suevia e Galicia, celébrano cada ano o 25 de xullo co seu pai Santi, quen, levado pola tenacidade da súa segunda filla, decidiu que a mellor forma de pescudar a data da súa onomástica era preguntarlle ao Bispo.
E así o fixo. Durante o verán, Santiago Rodríguez enviou unha carta ao bispado dirixida a don Luís Quinterio. Para sorpresa de toda a familia, don Luís concertou unha audiencia con eles o pasado nove de setembro. No martirologio romano non aparece ningunha onomástica de Aragonta, pero crese que se podería celebrar o 1 de marzo, día de San Rosendo quen foi sobriño da raíña galega.
Santi e a súa muller,
Lela López, viven en Salceda de Caselas. «Nada de diminutivos;
nin Gali, nin Suevi, nin Ara», afirma por teléfono.
Desde que son pequenas, el e a súa muller procuraron que ás súas fillas
chámeselles polo seu nome completo; polo momento, conseguírono.
Galicia ten xa 14 anos e as súas irmás xemelgas, Aragonta e
Suevia, 11. Ás tres encántanlles as manualidades e dáselles moi ben
o lettering, coméntanos o seu pai
por teléfono.
A familia ao completo sentese feliz e agradecida despois da audiencia con don Luís, a quen espera visitar o próximo ano. Antes de colgar, un desexo para este novo curso: oxalá os nenos non teñan secuelas despois desta pandemia. «Suevia é moi consciente de todo isto», comparte o pai, «se hai que repetir un curso, repítese, pero que non queden secuelas psicolóxicas».
Aragonta, de raíña a monxa benedictina
Descendente dos condes de Deza, Aragonta casou co rei Ordoño II ao redor do ano 921. Pouco menos
dun ano durou a unión ata que o rei decidiu abandonar á moza por unha nova
muller.
Tras o incidente, a raíña
Aragonta retirouse á actual Salceda, onde terminou por profesar como
monxa no mosteiro benedictino de Santa María de Salceda. Alí foi sepultada no
último tercido do 900.
Suevia, un nome para representar un país
Suevia é un
antropónimo feminino que deriva dun topónimo ou onomástica xeográfica.
Este nome procede do país da antiga Xermania situado entre os ríos Elba e Vístula
Os suevos, cara ao
ano 406, migraron cara á Galaecia (a actual Galicia, Asturias, León e
norte de Portugal), onde se estableceron preto do ano 420. Tiveron por capital
Braga e foron evangelizados por San
Martín de Dumio (579).n