29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

Unha invitación para o presbiterio a «entrar, xuntos, no Cenáculo»

Unha invitación para o presbiterio a «entrar, xuntos, no Cenáculo»
Foto: Bendición del aceite y los óleos, durante la Misa Crismal en la catedral de Tui.

A catedral de Tui acolleu a celebración da Misa Crismal, durante a cal o presbiterio diocesano renovou os seus compromisos sacerdotais para actualizar no tempo, o sacerdocio de Xesucristo e, así, tal e como expresou Mons. Luís Quinteiro durante a súa intervención, «entrar, xuntos, no Cenáculo». Mediante esta celebración presidida polo bispo e concelebrada por numerosos sacerdotes, a Igrexa, a través da súa liturxia, adianta a celebración da Última Cea, propia do Xoves Santo, coa que se institúe a Eucaristía e o ministerio sacerdotal. 

Durante a súa homilía, o prelado tudense, convidou os sacerdotes presentes a «entrar con Xesús no Cenáculo. Deixemos ao carón os nosos medos, preocupacións, dúbidas e feridas para achegarnos a Xesús», porque só na súa presenza, «a través da fe, cos nosos sentidos espirituais, podemos escoitar, ver, tocar a Xesús para estar con el, para sentirnos acollidos, amados, perdoados e abrazados por el». Con este desexo, o bispo de Tui-Vigo exhortou aos presentes para pedir a Cristo a forza necesaria para afrontar as dificultades da vida, entregando así «o noso corazón a Xesús».

Esta celebración é considerada como unha das principais manifestacións da plenitude sacerdotal do bispo e, tamén, signo da estreita unión dos sacerdotes con el. Por iso, en relación á orde presbiteral, Mons. Luís Quinteiro expresou que, «neste mundo sempre complicado, nós —sacerdotes— temos que transmitir este sacramento, con alegría, con gozo e con sentido. Tantas cousas que pasan son aparencia, tantas cousas están sobredimensionadas. Nós temos que achegar ese testemuño vivo que Xesucristo deunos ; levalo ás persoas, sen furtarllo a ninguén. El é a verdadeira vida e o pídenos que lle levemos e que o fagamos perpetuamente». O prelado tudense finalizou a súa homilía convidando á asemblea presente a dar grazas «por quen nos transmita esta fe: pais, mestres, sacerdotes… Tantas persoas que nos axudaron a seguir a Xesús e que, hoxe, séguennos axudando como outros Cristos que están ao noso lado»

A celebración eucarística finalizou coa consagración do santo crisma —de aí, «misa crismal»— e coa bendición dos óleos ou aceites que se usarán para unxir aos enfermos e aos que se van a bautizar ou catecúmenos. Crisma e óleos serán levados a cada unha das 276 parroquias da diocese de Tui-Vigo para poder desenvolver a actividade pastoral e evanxélica propia da Igrexa.

Misa Crismal 2023

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp