8 de Novembro de 2024

,

San Adeodato
8 de Novembro de 2024

,

San Adeodato

Unha ruta orante para descubrir a beleza da vida contemplativa

Unha ruta orante para descubrir a beleza da vida contemplativa

Durante os domingos de Coresma —é dicir, durante os meses de febreiro, marzo e abril—, a delegación de Vida Consagrada da diocese de Tui-Vigo organiza unha ruta orante polos  seis mosteiros de vida contemplativa da nosa diocese, co obxectivo de ofrecer un espazo para orar de maneira individual ou ben coa comunidade de referencia —parroquia, movemento, asociación de fieis, etc.—, pero sobre todo para descubrir a beleza e a alegría de quen opta por dedicar a súa vida á contemplación.

Desde o domingo 26 de febreiro e ata o domingo 2 de abril, os encontros comezarán ás 18 horas cunha pequena acollida e un tempo de oración. Posteriormente, haberá oportunidade de rezar a Liturxia das Horas —en concreto, a oración de vésperas— coa comunidade de vida contemplativa á que se visite en cada ocasión.

O itinerario organizado pola delegación diocesana é o seguinte:

  • O 26 de febreiro, o mosteiro de San José, das carmelitas descalzas do Rosal.
  • O 5 de marzo, o mosteiro da Transfiguración do Señor, das benedictinas de Trasmañó .
  • O 12 de marzo, o mosteiro da Virxe do Carmen e San José, das carmelitas descalzas de Sabarís.
  • O 19 de marzo, o mosteiro das Irmás de Santa María de la Concepción, das Clarisas de Tui.
  • O 26 de marzo, o mosteiro da Anunciada das dominicas de Baiona.
  • O 2 de abril, o mosteiro da Visitación de Santa María, das salesas de Vigo.
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp