Durante os seis domingos da Coresma, a delegación de Vida Consagrada da diocese de Tui-Vigo ofrece un ano máis unha ruta orante polos mosteiros da nosa diocese, co obxectivo de ofrecer un espazo no que poder orar de forma individual ou en comunidade e vivir plenamente este tempo de Coresma.
Os encontros comezarán ás 18H, cunha acollida inicial e un tempo de oración. Tras isto, sobre as 19:15H haberá oportunidade para rezar as vísperas coa comunidade contemplativa á que se visite ese domingo concreto.
O itinerario organizado pola delegación diocesana é o seguinte:
– O 22 de febreiro, o mosteiro da Virxe do Carmen e San Xosé, das carmelitas descalzas de Sabarís.
– O 1 de marzo, o mosteiro da Transfiguración do Señor, das benedictinas de Trasmañó.
– O 8 de marzo, o mosteiro de San Xosé, das carmelitas descalzas de O Rosal.
– O 15 de marzo, o mosteiro da Visitación de Santa María, das salesas de Vigo.
– O 22 de marzo, o mosteiro das Irmás de Santa María da Concepción, das Clarisas de Tui.
– O 29 de marzo, o mosteiro da Anunciada das dominicas de Baiona.