28 de Marzo de 2024

,

San Sixto III
28 de Marzo de 2024

,

San Sixto III

Unha semana para celebra a beleza do Matrimonio

Unha semana para celebra a beleza do Matrimonio
Foto: La CEE pone en marcha la campaña «Matrimonio es +» para celebrar la Semana del Matrimonio.

Do 14 ao 20 de febreiro, a delegación diocesana de Pastoral Familiar anima a toda a diocese de Tui-Vigo celebra e participar na Semana do Matrimonio, cuxo lema «Matrimonio é +» manifesta a intención de ofrecer unha oportunidade para que os matrimonios católicos renoven o seu compromiso, así como para mostrar á sociedade a beleza do sacramento.

Trátase dunha proposta a nivel nacional que puxo en marcha a Subcomisión para a Familia e a Defensa da Vida da Conferencia Episcopal Española e que se enmarca no contexto do Ano da «Familia  Amoris  Laetitia», convocado polo papa Francisco en decembro de 2020; un ano que arrincou en marzo do pasado ano coincidindo co 5º aniversario da publicación de  Amoris  Laetitia, a  exhortación  apostólica do Santo Pai que fala da beleza do matrimonio.

Na Igrexa de Tui-Vigo, os actos arrincarán o mércores 16 de febreiro e prolongaranse ata o domingo 20, desenvolvéndose en Vigo e en Tui. Ademais, os matrimonios poderán combinar a súa participación nos actos diocesanos co material que se propón tamén desde a APP que a CEE creou para a ocasión «MatrimONio» —dispoñible para dispositivos Android e  IOS—; algúns matrimonios da diocese achegaron o seu testemuño para axudar a outras parellas para descubrir o que significa o  sacramento do Matrimonio.

Desde a delegación diocesana de Pastoral Familiar, animan a todas as parellas —xa sexa casadas ou camiño a recibir o  sacramento— a participar nas actividades propostas e tamén a descargarse a APP, para enriquecer a súa vida común mediante a oración e o testemuño doutras persoas que, ao longo dos anos, aprenderon a fortalecer a súa unión conxugal a pesar das adversidades da vida.  

Actividades diocesanas

Oración multimedia | Mércores 16, ás 21 horas

A Pastoral Familiar organiza a «Oración multimedia» en colaboración coa delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria, durante os habituais encontros que os mozos veñen desenvolvendo os mércores ás 21 horas, no templo parroquial do Corazón de María de Vigo, durante os últimos dous anos. Trátase dunha ocasión para testemuñar a beleza do amor entre as parellas e mozas que se atopan nun momento de  discernimento vocacional. 

Roteiro romántico | Venres 18, ás 21 horas

As parellas que queiran participar atoparanse ás 21 horas no paseo da  Corredera en Tui —diante da porta do Seminario Menor— para gozar dun paseo pola cidade tudense que estará cheo de sorpresas. É unha oportunidade para compartir un intre lúdico-festivo con outros matrimonios católicos da diocese. 

Os participantes deberán inscribirse previamente no correo: pfamiliar@diocesetuivigo.org.

Vixilia de ración | Sábado 19, ás 18:30 horas

O templo parroquial da Inmaculada Concepción de Vigo acollerá esta celebración da misa que finalizará cun intre de adoración  eucarística.

Eucaristía de clausura | Domingo 20, ás 12 horas

Os actos serán clausurados o domingo na concatedral-basílica de Santa María de Vigo, para poder compartir a eucaristía en familia e en comuñón con todas as familias da diocese. Tamén será un momento para dar grazas polo vivido durante os días previos, nos que se celebrará a beleza do  sacramento do Matrimonio.

APP «MatrimONio»

Entre os materiais que se desenvolveron para celebrar esta semana do Matrimonio atópanse: unha Aplicación para dispositivos móbiles: APP «Matrimonio», dispoñible xa para Android en Google Play e  IOS no App  Store. A través da ligazón  appmatrimonio.es pódese acceder e ver todas as opcións. 

Nesta aplicación inclúense diferentes actividades para crecer na vida matrimonial, desde un retiro para matrimonios, unha meditación diaria, diálogos conxugais de cinema, vídeos con testemuños ou a axenda coas iniciativas nas dioceses.

Ademais, a partir do día 14 de febreiro estará dispoñible a páxina web que se creou para esta semana do Matrimonio:  matrimonioesmas.org, a través da cal se poderá acceder a todos os recursos realizados para a súa difusión nas diferentes redes sociais.

Cartel de actividades da Semana do Matrimonio 2022

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp