12/08/2022

,

Santa Juana Francisca de Chantal
12/08/2022

,

Santa Juana Francisca de Chantal

Unha vintena de adoradores da ANE recibirán o seu novo distintivo este sábado

Unha vintena de adoradores da ANE recibirán o seu novo distintivo este sábado
Foto: Momento de adoración eucarística en el templo parroquial de Santiago el Mayor de Vigo.

O sábado 18 de xuño, véspera do Corpus Christi, unha vintena de adoradores da Adoración Nocturna de Tui-Vigo recibirán o seu novo distintivo nunha vixilia de oración ante Jesús Eucaristía para celebrar a solemnidade do Corpus no templo parroquial de Santiago o Maior de Vigo, ás 22 horas.

Como é habitual, a Adoración Nocturna entrega insignias aos novos adoradores e a aqueles que se van consolidaron dentro da ANE. A insignia de “adoradores activos” recibirana 15 persoas que participaron en tres vixilias continuadas ou cinco salteadas. A fidelidade prémiase coa promoción a “adoradores veteranos”, para quen conte con máis de 125 vixilias, que no caso da diocese de Tui-Vigo, é unha persoa. Tamén, recibirán o distintivo de “adoradores veteranos constantes” dúas persoas que suman máis de 250 vixilias. Finalmente, premiarase co distintivo de “adoradores veteranos constantes de asistencia exemplar” a dúas persoas con máis de 500 vixilias. 

Ao longo do último ano, diversos grupos da Adoración Nocturna Feminina de Tui-Vigo celebraron a súa 25º ou 50º aniversario, cunha celebración especial acompañados, nalgúns casos, polo pastor desta porción da Igrexa diocesana,  Mons. Luís Quinteiro. Tamén participaron recentemente no centenario da  ANE de Cambados (arquidiocese de Santiago de Compostela) como mostra de comuñón e fraternidade para cos grupos da Provincia Eclesiástica de Santiago.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp