20/10/2020

,

San Honorio

V Consello Diocesano de Pastoral, en busca dunha maior implicación e participación laical

V Consello Diocesano de Pastoral, en busca dunha maior implicación e participación laical

Despois de meses de confinamento que provocaron a suspensión das actividades pastorais, o Consello Diocesano de Pastoral (CDP) reuníase no Seminario Maior ás 10:00 h, para presentar o borrador coas accións dos próximos meses. Os membros do consello asistían con máscara e gardando as distancias de seguridade.

Unha vez aprobada a acta da última reunión de febreiro, o noso bispo don Luís Quinteiro lembrou a misión do CDP: apoiar e dar vida ás comunidades parroquiais. Así, convidaba os asistentes a xerar espazos de comunicación abertos empregando como método pastoral a proximidade.

Don Luís tamén sinalou a importancia da formación e a corresponsabilidade dos laicos e manifestou a relevancia da vocación cristiá presentada como un proxecto cargado de sentido e esperanza no medio das circunstancias que estamos a vivir.

Tras a intervención de don Luís, o vigairo de pastoral, don José Vidal, e a secretaria do CDP, Almudena Suárez, presentaron o borrador do novo Plan Pastoral para o curso 2020-2021. Ambos remarcaron que a consecución do as accións quedará a expensas da situación sanitaria, que non ha de ser un impedimento para continuar programando.

Finalizadas as reunións de grupos e o descanso, os membros reuníronse novamente para compartir as súas achegas. Alí, expresouse a preocupación de organizar grandes eventos ou a necesidade de formar a sacerdotes e laicos no ámbito da comunicación, non só en redes sociais, senón en ferramentas como Zoom que permitan “conectarse” en caso dun novo confinamento.

Antes de pechar o reunión, o bispo agradeceu a asistencia dos participantes e remarcou a importancia de manterse unidos nestes tempos de crises, apoiándose entre uns e outros.

Obxectivo cuatrienal 2019-2023: renovar os ámbitos significativos da pastoral.

O obxectivo desta reunión era revisar o borrador do Plan Pastoral para este novo curso 2020-2021; un plan que se creou con dificultades e alterando o calendario previsto na última reunión do pasado mes de febreiro, segundo explicaba o vigairo de pastoral don José Vidal.

Este ano proponse promover unha maior participación e implicación laical na vida da igrexa diocesana. Este obxectivo nace como consecuencia da participación no Congreso de Laicos celebrado en Madrid o pasado febreiro, no que se debuxaron catro ámbitos para o traballo pastoral dos próximos anos: o primeiro anuncio, o acompañamento, a formación e a presenza pública. A Diocese de Tui-Vigo desexa que o Congreso sexa un impulso que xere dinámicas transformadoras.

Con estas premisas, o borrador aprobado esta mañá contempla catro grandes liñas de acción concretas, abertas e dinámicas para este curso 2020-2021:

  • Acción 1: Finalizar as actividades pastorais iniciadas o pasado curso que foron interrompidas a causa do coronavirus.
  • Acción 2: Desenvolver un Curso de comunicación institucional e portavocía co obxectivo de xerar unha rede de comunicación diocesana de noticias.
  • Acción 3: Potenciar o traballo de Cáritas diocesana creando delegacións nas parroquias con máis de 3.000 habitantes e consolidando unha delegación de referencia en cada arciprestado.
  • Acción 4: Celebrar a confirmación comunitaria de mozas en Tui e Vigo, aínda que non será impositivo senón voluntario para as parroquias que o desexen. Ademais, previo á celebración desenvolveranse catro encontros previos como preparación ao sacramento dos mozos.

A consecución destas accións quede a expensas da evolución da pandemia e quedan abertas a realizarse de maneira online.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp