21 de Abril de 2026,
San Anselmo

V Retiro de Emaús para mulleres

V Retiro de Emaús para mulleres

A fin de semana do 17 ao 19 de abril celebrarase o V Retiro de Emaús Mulleres Vigo, da parroquia de San Francisco. Os retiros de Emaús están dirixidos a todo o mundo, independentemente da súa situación persoal ou espiritual. Defínense como un fin de semana de impacto, no que os participantes poderán sentir de preto o amor que Deus ten por cada un deles, e están inspirados na pasaxe dos discípulos de Emaús do Evanxeo.

O retiro realizarase no convento franciscano de Canedo, en Ponteareas, e ten un custo individual de 160 euros. Poderán inscribirse todas as mulleres maiores de 30 anos. Para máis información sobre o retiro de Emaús e sobre a inscripción, os interesados pode poñerse en contacto cun dos seguintes números de teléfono: 636 869 120 (María) ou 696 524 544 (Gabriela).

Os retiros de Emaús nacen en 1978 nunha parroquia de Miami en EEUU da man do seu párroco, David Russel, e unha freguesa chamada Mirna Gallager, quen lle propón facer algo con outros cinco fregueses. Na oración descobren esta pasaxe de Emaús e así xorde o primeiro retiro en 1978. A partir de aí foise estendendo en EEUU, Sudamérica e Europa, chegando a España (Madrid) en 2010 e expandíndose por toda a nación —A Coruña será a primeira cidade galega en sumarse a esta iniciativa en 2019—.