O vindeiro domingo 29 de marzo, a partir das 18:00hrs., no recinto amurallado de Salvatierra de Miño, representarase por quinto ano consecutivo, o Via Crucis vivente de Salvatierra de Miño.
Os veciños e veciñas de Salvatierra de Miño poñen rostro aos personaxes que acompañaron a Xesús desde o Pretorio ata a súa crucifixión no Calvario. Ao longo do percorrido pola vía dolorosa serán representados: os soldados, Poncio Pilato, as santas mulleres, a Virxe María, Caifás, o Cirineo, Xosé de Arimatea, o bo ladrón… En definitiva unha ocasión única para ser un personaxe máis do Evanxeo e acompañar a Xesús camiño do Calvario.