14 de Maio de 2026,
San Matías

Via Lucis no monte Alba para celebrar xuntos a Pascua

Via Lucis no monte Alba para celebrar xuntos a Pascua

O vindeiro sábado 25 de abril organízase un Encontro Pascual Diocesano, no que se rezará o Via Lucis pare celebrar a forza da comuñón e a alegría da Pascua. Baixo o lema “Do Alba á misión”, a acollida será ás 10.00 horas na Capela da Nosa Señora do Alba (Valadares).

Este Via Lucis consta de 14 paradas nas que se proclamará un texto bíblico acompañado de diversos testemuños que manifesten a presenza de Cristo Vivo na cotiandade dos distintos ámbitos diocesanos. Ao terminar, haberá posibilidade de desfrutar dunha comida de confraternización. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través do número de teléfono 608 28 06 55, antes do mércores 22 de abril.

O Via Lucis consiste na contemplación de 14 escenas extraídas dos Evanxeos e dos Feitos dos Apóstolos, que continúan a historia da Paixón. Esta devoción popular adoita rezarse especialmente no tempo de Pascua e os seus antecedentes atópanse nas catacumbas de San Calixto en Roma que, en 1988, inspiraron ao sacerdote salesiano Sabino Palumbieri, fundador do movemento Testemuñas do Resucitado; el elaborou unha primeira lista de 14 estacións.