30/11/2022

,

San Andrés
30/11/2022

,

San Andrés

Vida Ascendente de Tui-Vigo anima a participar no Encontro Internacional de Maiores

Vida Ascendente de Tui-Vigo anima a participar no Encontro Internacional de Maiores
Fátima y Santiago de Compostela acogen el I Encuentro Internacional de Mayores del 26 de septiembre al 1 de octubre.

Do 26 de setembro ao 1 de outubro de 2022, levará a cabo o Encontro Internacional de Maiores cunha peregrinación a Fátima (Portugal) e Santiago de Compostela, promovido polo  dicasterio de Laicos, Familia e Vida, a Conferencia Episcopal Española, Vida Ascendente e a Arquidiocese de Santiago de Compostela. Marisa Vidal, presidenta do movemento Vida Ascendente de Tui-Vigo, explicou no programa diocesano O espello de Tui-Vigo que o encontro está aberto a todos os maiores, pertenzan ou non ao movemento.

O Encontro comezará en Fátima, visitando os principais puntos de peregrinación —o santuario, a aldea dos  pastoriños, o lugar das aparicións e os lugares de oración— para, ao día seguinte, trasladarse a Santiago de Compostela onde continuará o Encontro cuns diferentes talleres formativos e outros momentos de oración acompañados polo nuncio  apostólico en España,  Bernardito  Auza. Ademais, desde a organización ofrecen a posibilidade de participar no encontro “completo” —é dicir, peregrinando a Fátima e a Santiago— ou ben só a Santiago, participando dos diversos actos e actividades organizadas na cidade do Apóstolo.

As persoas interesadas en inscribirse ou solicitar máis información poden facelo contactando directamente coa presidenta de Vida Ascendente de Tui-Vigo, Marisa Vidal, a través do correo electrónico sarymavidal@gmail.com ou do número de teléfono 699 412 061. A continuación poden descargarse o díptico informativo en PDF que detalla o plan de cada un dos días do Encontro.

Vida Ascendente de Tui-Vigo, ademais de animar á participación neste Encontro Internacional de Maiores, convida a todos os maiores e xubilados da diocese para asistir á eucaristía de fin de curso que será presidida polo bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, o martes 21 de xuño ás 12 horas, no templo parroquial de Santiago de Redondela.

Escucha a entrevista realizada a Marisa Vidal, presidenta de Vida Ascendente de Tui-Vigo, no programa O espello de Tui-Vigo. A entrevista comeza no minuto 04:50.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp