O 19 de outubro, Vida Ascendente da diocese de Tui-Vigo celebraron un encontro de inicio de curso na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, acompañados pola coordinadora do movemento en Galicia, Chari Coroa, e o bispo Mons. Luís Quinteiro.
O encontro comezou coa presentación dos novos materiais de traballo dos grupos de Vida Ascendente que presentou Carmen, integrante do grupo de San Pedro. Tomoulle a substitución o prelado tudense, Mons. Luís Quinteiro, que animou aos asistentes para traballar profundamente os materiais, resaltando que «non é para lelo de vez, senón que tedes que facer unha lectura pausada, sen présa, reflexionándoo todos nas vosas reunións de grupo».
Tras a presentación, os asistentes participaron na celebración da eucaristía no templo parroquial da Ramallosa, no que se lembrou de maneira especial a María del Carmen Gutiérrez e a todos os falecidos do movemento Vida Ascendente na diocese de Tui-Vigo. O encontro finalizou cunha comida de confraternización.