15 de Febreiro de 2025,
San Claudio de la Colombière

Vida Ascendente inaugurou o novo curso pastoral

Vida Ascendente inaugurou o novo curso pastoral

Vida Ascendente inaugurou un novo curso pastoral coa celebración da Eucaristía, presidida polo noso bispo, Luís Quinteiro Fiuza, o martes 27 de outubro de 2020, no templo parroquial da Sacra Familia de Vigo.

Vida Ascendente constitúese como un movemento  laical de xubilados e maiores que se engloban dentro do grupo de poboación de risco fronte ao coronavirus; situación que marca notablemente a súa actividade.

A pesar do contexto socio-sanitario que estamos a vivir e que afecta especialmente a este movemento diocesano, o bispo, Luís Quinteiro, alentou aos presentes para difundir a mensaxe de esperanza que Jesús anuncia no Evanxeo, para demostrar que a vida ten sentido a pesar das circunstancias. Neste sentido, resaltou a achega extraordinaria en calquera campo ou situación que exercen as persoas maiores cando viven a súa vida tranquilamente á luz da fe.

Ao final da Eucaristía, Marisa Vidal, presidenta de Vida Ascendente, dirixiu unhas palabras aos animadores lembrándolles que eles son o motor do movemento, que sen eles o grupo non camiña, non avanza. Nesta liña, motivounos para continuar acompañando especialmente a todos aqueles participantes que, ao formar parte do grupo de risco, víronse obrigados a abandonar as reunións.

Ademais da celebración litúrxica, o grupo programara unha serie de actos formativos e charlas para o día de onte que se cancelaron debido ás novas restricións estipuladas polo Goberno español, nas que se prohibían as reunións de máis de cinco persoas non conviventes.