9 de Agosto de 2026,
Santa Teresa Benedicta de la Cruz

«Vida retirada», no XVIII Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera

«Vida retirada», no XVIII Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera

O sábado 25 de xullo, ás 20.00 horas, na igrexa barroca de San Martiño de Barcia de Mera estrease o recital poético-musical «Vida retirada», dirixido por Ignacio García con textos de frei Luis de León, no marco do XVIII Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera. As persoas interesadas en solicitar máis información ou efectuar a súa reserva poden facelo a través do número de teléfono: 658 627 525.

«Vida retirada» toma non só o título, senón tamén a idea de procura da quietude e da paz interior da Oda I de Frei Luís de León. A través da palabra e da música, propón unha viaxe espiritual da man dos grandes poetas, místicos, pensadores e pensadoras desde o Século de Ouro ao Século XX. Ademais, a música (guitarra e percusión) corre a cargo de Elena Aranoa, que compuxo a música especificamente para este espectáculo, así que a banda sonora deste evento é tamén unha estrea.

A parroquia de Barcia de Mera, situada no municipio pontevedrés de Covelo , acolle cada verán este ciclo musical que, nesta ocasión, conta cun total de oito concertos programados entre o 25 abril e o 12 de setembro. É necesario reservar previamente (donativo: 10 euros). Unha cita imprescindible que segue situando ao concello de Covelo  nun referente cultural.