24 de Abril de 2024

,

San Fidel de Sigmaringa
24 de Abril de 2024

,

San Fidel de Sigmaringa

VÍDEO 🎥 | Ordenacións do 4 de xullo de 2021

VÍDEO 🎥 | Ordenacións do 4 de xullo de 2021

O domingo, 4 de xullo, ás 18 horas, a diocese de Tui-Vigo retransmitiu, a través da súa canle de Youtube, a celebración  eucarística na que catro mozos recibiron o  sacramento da Orde de mans do bispo  Mons. Luís Quinteiro Fiuza na catedral tudense: Jesús García e Gabriel Gómez foron ordenados  presbíteros mentres que, por outra banda, Ramiro Álvarez e José Emilio Veiga achegáronse máis ao ministerio sacerdotal mediante a súa ordenación como  diáconos.

Máis de 60 dispositivos simultáneos conectáronse en directo a unha celebración que cruzou as fronteiras xeográficas con varios espectadores italianos seguindo a retransmisión. Ademais, algunhas parroquias da diocese uníronse en comunidade para acompañar, desde os locais ou templos, aos catro candidatos ao  sacramento da Orde, como sucedeu no templo parroquial do  Sagrado Corazón de Xesús onde se reuniron preto de 70 fregueses e freguesas que seguiron a celebración en vivo e directo, de principio a fin.

streaming permanecerá visible na canle de Youtube da diocese para todas aquelas persoas que non tivesen a oportunidade de asistir ao evento.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp