Sabes ata que punto vai cambiar a túa vida a intelixencia artificial? Moito? Non. Moito máis do que podes imaxinar, aínda que depende tamén do lugar onde vives. Coches sen condutor, robots na túa casa, drons que transportan paquetes polas rúas… Todo isto xa é parte do noso mundo. É o presente, non o futuro. Os límites da intelixencia artificial e da robótica son difíciles de imaxinar. Por iso, tamén temos que ser conscientes dos perigos que os seus avances poden traer: desigualdade de oportunidades, discriminación, etc. Oxalá se cumpra o desexo que expresa o Papa Francisco no seu encíclica Fratelli tutti! “Que bonito sería se ao crecemento das innovacións científicas e tecnolóxicas correspondese tamén unha equidade e unha inclusión social cada vez maiores!”. Se compartes este soño, comparte tamén este vídeo.
9 de Outubro de 2024
,
San Dionisio