11 de Novembro de 2024

,

San Martín de Tours
11 de Novembro de 2024

,

San Martín de Tours

Vigo acolle a Asemblea nacional de Apostolado do Mar

Vigo acolle a Asemblea nacional de Apostolado do Mar

Do 17 ao 20 de outubro, baixo o lema «Stella Maris en marcha », a cidade de Vigo acolle a XXXI Asemblea nacional do Apostolado do Mar que, promovido polo departamento de Stella Maris da Subcomisión para as Migracións e a Mobilidade Humana da Conferencia Episcopal Española (CEE), organiza a delegación de Stella Maris da diocese de Tui-Vigo. Nesta ocasión, fíxose coincidir a Asemblea cunha Xornada Técnica sobre Comités de Benestar, que conta co respaldo económico da Xunta de Galicia e o Porto de Vigo.

A Asemblea nacional do Apostolado do Mar desenvolverase no Seminario Maior «San Xosé» en Vigo, coa presenza do bispo emérito da diocese de Tui-Vigo e promotor de Stella Maris en España, Mons. Luís Quinteiro; o director do departamento de Stella Maris da CEE,Ricardo Rodríguez-Martos; e do bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín. Ata o momento, xa confirmaron a súa asistencia 28 delegados de Stella Maris de España (Barcelona, Tarragona, Castelló, As Palmas, Tenerife, Cádiz, Palma de Mallorca, Xixón e Ferrol), aínda que está previsto que se unan ao longo dos próximos días os da Coruña, Almería e Bilbao.

Durante a mañá, impartiranse diversos relatorios. O primeiro, titularase «Razóns teolóxicas da misión evanxelizadora de Stella Maris»  e será impartido polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín. A continuación, haberá unha mesa redonda para departir sobre «As necesidades do mariño hoxe», na que participarán responsables de diferentes áreas de Stella Maris Tarragona, Castelló, Barcelona e Vigo. Finalmente, a última sesión formativa, a cargo de varios relatores responsables de Stella Maris e de entidades colaboradoras, versará sobre a xestión dos centros de mariños e a formación de voluntarios e colaboradores. Pola tarde, presentaranse diferentes propostas e experiencias, para despois crear grupos de traballo.

A Asemblea nacional de Stella Maris contará coa presenza internacional, grazas á participación dos representantes de dúas institucións británicas de prestixio nesta acción caritativa e social: o conselleiro delegado da Merchand Navy Welfare Board en Reino Unido, Stuart Rivers, e do director executivo de Stella Maris UK, Tim Hill. Cabe dicir que o Apostolado do Mar naceu hai 104 anos en Reino Unido.

Previamente á Asemblea nacional, o 18 de outubro, o edificio de sesións da Autoridade Portuaria de Vigo, acollerá a Xornada Técnica sobre Comités de Benestar Portuario, na que participarán, entre outros, o presidente de Portos do Estado, Álvaro Rodríguez; a deputada nacional e voceira da comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación, Rosa Quintana; ou o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana. A esta xornada está previsto que asistan responsables das autoridades portuarias de Galicia que, nestes momentos, encárganse de implementar e desenvolver estes comités.

A Asemblea nacional do Apostolado do Mar reúnese cada dous anos, cun carácter rotativo para ir percorrendo os centros de Stella Maris repartidos polos distintos portos de interese xeral de España. O obxectivo é facer unha posta en común das experiencias que cada un ten nos seus respectivos portos, para determinar como debe ser a presenza de la Iglesia no ámbito marítimo-portuario, ser eficaces na proposta de acompañamento a esas tripulacións que pasan tanto tempo en alta mar, e buscar mecanismos que contribúan a unha maior visibilidade e accesibilidade da acción de Stella Maris.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp