11 de Abril de 2026,
San Estanislao

Vigo acolleu o encontro interdiocesano de Vida Ascendente

Vigo acolleu o encontro interdiocesano de Vida Ascendente
FOTO.- Miembros de Vida Ascendente que asistieron a la eucaristía en la parroquia del Rocío

O pasado 17 de xuño, a parroquia da Nosa Señora do Rocío en Vigo acolleu o encontro interdiocesano de Vida Ascendente, no que participaron representantes dos diferentes grupos das cinco dioceses galegas —Mondoñero-Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago e Tui-Vigo—. Acompañado por algúns consiliarios de Vida Ascendente de Galicia, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, presidiu a eucaristía e motivo aos asistentes a auténticos cristiáns, seguindo a Cristo con sinxeleza e alegría, para converterse en testemuñas capaces de amar a todos, mesmo aos que son diferentes e pensan distinto.

Marisa Vidal, responsable de Vida Ascendente da diocese, expresou que este encontro «axúdanos a vivir con alegría e entrega a nosa vocación de laicos comprometidos. Para nós, como anfitrións, foi un día de festa porque nos sentimos unidos nun mesmo sentir de ilusión, de amizade e de amor».

Cada ano, as distintas delegacións galegas de Vida Ascendente organizan un encontro interdiocesano que ofrece unha oportunidade para estreitar e fortalecer lazos entre os diferentes grupos, mantendo vivo o espírito deste movemento laical en Galicia. Cada ano, organiza e acolle o encontro unha diocese diferente; debido á pandemia do Covid-19, a diocese de Tui-Vigo levaba sete anos sen ser a anfitrioa. Vida Ascendente é un movemento laical de persoas xubiladas e maiores, recoñecido pola Conferencia Episcopal Española. A través das reunións en pequenos grupos de traballo e oración, o movemento axuda ás persoas.