10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida
10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida

Vigo rende homenaxe á virxe do Carme

Vigo rende homenaxe á virxe do Carme
FOTO.- La imagen de la virgen salió en procesión por las calles de la ciudad | © Leandro Rivero

O martes 16 de xullo, no templo parroquial da nosa Señora do Carme en Vigo, o bispo e administrador apostólico de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, presidiu a eucaristía, seguida de procesión polas rúas, en honra á patroa dos mariñeiros e desta parroquia da cidade olívica. Tras a celebración, o párroco e sacerdote carmelita, Pedro Saíz, impuxo o escapulario da virxe ao bispo, instituíndoo así confrade de honra; tamén lle entregou un libro sobre os últimos estudos realizados das obras de santa Teresa de Xesús.

 Ademais da celebración do 16 de xullo, coincidindo coa festividade da virxe do Carme, a comunidade marítima de Vigo rendeu homenaxe á súa patroa cunha celebración presidida polo bispo Mons. Luís Quinteiro, no Mercado do Porto Pesqueiro que contou coa colaboración da directora do Centro Stella Maria de Atención ao Mariño, María Elvira Larriba, encargada de realizar a ofrenda. Finalizada a celebración, deu comezo a procesión marítima coa imaxe da patroa pola ría de Vigo.

Na súa mensaxe con motivo do «Día das xentes do mar», que cada ano a Igrexa celebra o 16 de xullo, coincidindo coa festividade da Nosa Señora do Carme, patroa dos mariñeiros,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, promotor de Stella Maris en España, expresa que «hai que facer tamén énfase especial no coidado da xente de mar, daqueles que co seu traballo fan posible tanto a pesca como o transporte da maior parte de mercadorías que consumimos en todo o mundo». Así exhorta «a todos os sacerdotes, diáconos, relixiosos, relixiosas, voluntarios e voluntarias para que se esforcen en atendelos humana e espiritualmente», así como «ás autoridades civís nacionais e internacionais para empregar todos os medios humanos e económicos na preservación dos mares».

Fiesta en honor a la virgen del Carmen, en Vigo | © Leandro Rivero
« de 9 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp