Non sabemos cando se comezou a construción da catedral de Tui, pero si coñecemos a data exacta da súa Dedicación ou Consagración (a inauguración): foi o 30 de novembro de 1225, festa de Santo Andrés. Presidiu a celebración o bispo Esteban Egea, quen, para respectar a festividade do apóstolo martirizado na cruz aspada, estableceu que se celebrase a conmemoración anual da Dedicación o día primeiro de decembro.
Unha aclaración sobre as palabras “dedicación” e “consagración” que se poden usar como sinónimos, aínda que admiten un matiz semántico con especificación de significado. A “consagración” expresa a entrega exclusiva e íntegra a Deus, por iso fálase de “persoas consagradas” e obxectos “consagrados” como un altar ou un cáliz. Con todo, a palabra “dedicación” non ten o significado de exclusividade: dedícase un templo que é casa de Dios pero tamén dos fieis, mesmo dos non crentes.
Signos da consagración da catedral de Tui son as doce cruces, alusivas aos doce Apóstolos do Señor, gravadas nos muros pola parte interior da catedral. Tradicionalmente, na festa do aniversario da dedicación acendíanse lámpadas conmemorativas debaixo de cada cruz.
A celebración relixiosa e festiva do aniversario en que os templos foron convertidos en lugares destinados ao culto ten a súa orixe na mesma conmemoración que os xudeus facían no aniversario da dedicación do templo de Xerusalén, que chamaban tamén «Festa das luces», porque era costume acender lámpadas, símbolo da Lei, e poñíanas nas xanelas.
«Catedral de Santa María de la Asunción»
Comité de honra
Presidencia
SSMM os reis de España
Presidente da Republica de Portugal
Integrantes
Ministro de Cultura
Ministro de Cultura de Portugal
Presidente da Xunta de Galicia
Presidente do Parlamento de Galicia
Delegado do Goberno en Galicia
Presidente da Deputación Provincial
Presidente da CCDR-Norte de Portugal
Alcalde de Tui
Presidente da Cámara Municipal de Valença
Bispo de Tui-Vigo
Arcebispo de Santiago de Compostela
Arcebispo de Braga
Bispo de Viana do Castelo
Deán do Cabido Catedralicio de Tui-Vigo
LogoVIII centenario da dedicación da catedral de Tui
O 30 de setembro de 2025, o Concello de Tui, xunto co cabido catedral, presentou o imaxe de marca para o 800 aniversario da dedicación da catedral de Tui.
A identidade gráfica deste destacado evento está representada por unha marca versátil que presenta diferentes aplicacións da mesma en función dos soportes e das necesidades comunicativas. Este símbolo corporativo, deseñado pola empresa Anónimo Advertising de Vigo, basease na síntese visual dos elementos máis distintivos da catedral tudense, combinando arquitectura, ornamentación e simbolismo nunha composición equilibrada. Os elementos que serviron de inspiración foron a fachada fortificada, a portada gótica co seu característico arco oxival e a decoración ornamental existente nos diversos espazos arquitectónicos da catedral.
Decreto do Ano XubilarVIII centenario da dedicación da catedral de Tui
O 20 de abril de 2025, a Penitenciaría Apostólica, dicasterio da curia romana, respondeu afirmativamente á petición presentada, o 1 de maio de 2023, por monseñor Luís Quinteiro Fiuza, naquel momento bispo da diocese de Tui-Vigo. Así, segundo o disposto polo papa Francisco, a Santa Sede concedeu o Xubileu Particular a esta diocese con motivo do 800 aniversario da dedicación da catedral de Tui. Isto comporta tamén a concesión de grazas especiais en forma de indulxencia plenaria.
As celebracións xubilases caracterízanse por tres signos ou actos: a peregrinación, a porta santa e a indulxencia plenaria. Estes tres signos visibilizámolos cada vez que nos achegamos ao templo xubilar de Tui coas disposicións e intencións expostas no decreto do 20 de abril de 2025.
Inauguración do Ano XubilarCelebración retransmitida en YouTube
ActualidadeVIII centenario da dedicación da catedral de Tui

A catedral de Tui no programa “Polo camiño da fe”
O programa relixioso da TVG interesouse unha vez máis pola catedral de Tui, resaltando os 800 anos da súa dedicación.

O bispo de Tui-Vigo anima a “non perder nunca a esperanza” na clausura do Xubileo da Esperanza
A Catedral de Tui acolleu o pasado 28 de decembro, festa da Sagrada Familia, a celebración da clausura do Xubileo da Esperanza na diocese de Tui-Vigo. A Eucaristía foi presidida polo bispo, Mons. Antonio Valín Valdés

Concerto de María do Ceo na catedral de Tui
A catedral de Tui acollerá o domingo 28 de decembro ás 18:00 hrs., un concerto de Nadal a cargo da recoñecida fadista María do Ceo.

No VIII centenario da catedral, o bispo convídanos a ser unha Igrexa sinodal e misericordiosa
Hoxe, 1 de decembro, a diocese de Tui-Vigo celebrou a festa da dedicación da catedral tudense e o Xubileu do Clero diocesano

A diocese de Tui-Vigo fai memoria agradecida dos oitocentos anos da súa catedral
O 30 de novembro, a diocese de Tui-Vigo inaugurou o Ano Xubilar con motivo do VIII centenario da catedral de Santa María da Asunción de Tui.

Segue en directo a eucaristía de apertura do Ano Xubilar da catedral de Tui
O 30 de novembro, ás 12.00 horas, inaugúrase o Ano Xubilar con motivo do VIII centenario da dedicación da catedral de Tui

Comeza a celebración do VIII centenario da catedral de Tui
A diocese de Tui-Vigo e o Concello de Tui presentaron a programación para celebrar o VIII centenario da dedicación da catedral de Tui.