7 de Febreiro de 2026,
San Ricardo

Vinte e dous bispos de Galicia e o norte de Portugal reuníronse en Mondoñedo

Vinte e dous bispos de Galicia e o norte de Portugal reuníronse en Mondoñedo
FOTO.- Os bispos das provincias eclesiásticas de Braga e Santiago de Compostela, ante a catedral mindoniense | © Diocese de Mondoñedo-Ferrol

Onte, 22 de outubro, vinte e dous bispos das provincias eclesiásticas de Braga (Portugal) e Santiago de Compostela acudiron a Mondoñedo para manter unha reunión de traballo e convivencia que, con periodicidade anual, celébrase en cada ocasión nunha  sede lusa ou galega diferente. Tras unha visita á catedral mindoniense, os salóns do palacio episcopal acolleron a reunión na que trataron, entre outros temas, o Xubileu 2025, as estruturas diocesanas nunha Igrexa sinodal e os desafíos pastorais da relixiosidade popular.

Nesta reunión participaron 15 bispos de Portugal, encabezados polo arcebispo de Braga, Mons. José Manuel García Cordeiro, e os respectivos das dioceses de Aveiro, Bragança-Miranda, Coimbra, Lamego, Porto, Viana do Castelo, Vila Real e Viseu, entre bispos titulares, auxiliares e algúns eméritos. Por parte de Galicia, asistiron 7: o arcebispo de Santiago, Mons. Francisco José Prieto, e o emérito, Mons. Julián Barrio; o bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco; o bispo de Ourense, Mons. Leonardo Lemos; o recentemente nomeado bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, e o emérito, Mons. Luís Quinteiro. Como anfitrión exercerá o bispo de Mondoñedo-Ferrol, Mons.  Fernando García Cadiñanos.

Son moitos os lazos históricos que vinculan a ambos os territorios fronteirizos. Ao longo da historia, o arcebispado de Braga tivo potestade e relación moi estreita cos de todo o Noroeste español: así foi desde a súa creación no século IV ata o ano 1070. Cabe destacar a presenza na sede de Dumio, preto de Braga, de santo Martín, cunha relación moi estreita coa diocese mindoniense.

Encuentro entre los obispos de Galicia y el norte de Portugal 2024 | © Diocese de Mondoñedo-Ferrol
« de 9 »