9 de Decembro de 2024

,

San Juan Diego
9 de Decembro de 2024

,

San Juan Diego

Vinte e dous segrares recibirán os ministerios do Lectorado e do Acolitado

Vinte e dous segrares recibirán os ministerios do Lectorado e do Acolitado
FOTO.- Lectora, durante una celebración eucarística en la concatedral-basílica | © Diocese de Tui-Vigo

No marco do Día da Igrexa Diocesana, que a Igrexa en España celebra baixo o lema «E se o que buscas está no teu interior?», o 10 de novembro, ás 17.00 horas, na catedral de Santa María en Tui, vinte e dous segrares recibirán os ministerios do Lectorado e do Acolitado  para desempeñar estes servizos nas súas parroquias e ao servizo de toda a diocese de Tui-Vigo, asumindo, á súa vez, unha responsabilidade eclesial que conleva funcións de coordinación e formación dos  fieis laicos e laicas que, de maneira temporal, realicen esas tarefas sen ser ministros instituídos. A celebración na que se instituirán estes ministerios estará presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín Valdés.

O pasado mes de setembro, durante a inauguración de novo curso de «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos», o vigairo de Pastoral, José Vidal, explicou que «un ministerio laical non é unha honra que un recibe, se non un servizo que se encomenda; non é un dereito que un poida esixir, se non unha chamada que a Igrexa fai a través das persoas e institucións que se recoñecen como Igrexa». A institución destes ministerios laicais ofrece unha oportunidade de renovación pastoral para a diocese de Tui-Vigo, poñendo en valor a necesaria implicación activa dos segrares en todos os diferentes ámbitos da vida de da Igrexa local.

Segundo o documento Orientacións sobre a institución dos ministerios de lector, acólito e catequista, publicado pola Conferencia Episcopal Española en marzo de 2023, os lectores instituídos, a maiores da lectura da Palabra de Deus na asemblea litúrxica, serán responsables, entre outras funcións, da coordinación da liturxia da Palabra, a formación permanente do grupo de lectores ou o acompañamento de quen desexa un encontro vivo coa Palabra de Deus. No que respecta aos acólitos instituídos asumirán tarefas de coordinación, formación e acompañamento, ademais das propias dos acólitos —colaborar na preparación do altar— e dos ministros extraordinarios da comuñón —repartir a comuñón, xunto ao sacerdote—. En ambos os casos, o bispo pode solicitar a algún ministro instituído, a través do párroco, que exerza, durante un tempo, o seu ministerio nalgunha parroquia que teña necesidade diso.

En 1973, o papa Paolo VI, a través da carta apostólica Ministeria Quaedam, estableceu dous ministerios: acólito e lector, que se poderían conferir de forma estable só a homes. Os ministerios, ata o de agora, eran recibidos case exclusivamente polos seminaristas como un paso na súa formación. En 2021, o papa Francisco publicou dous novos documentos: Spiritus Domini, polo que permite que sexan instituídas tamén mulleres; e Antiquum ministerium, polo que institúe un ministerio non litúrxico: o do catequista. Estas novidades impulsaron á Igrexa Española a reflexionar sobre a praxe dos ministerios que desembocou no documento Orientacións sobre a institución dos ministerios de lector, acólito e catequista, que se experimentará  durante un prazo de cinco anos.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp