13 de Abril de 2026,
San Hermenegildo

Visita aos sete templos

Visita aos sete templos
Itinerario en la visita a los 7 Templos

As delegacións de Migracións e Pastoral Familiar da Diocese, organizaron este Venres Santo a tradicional visita aos Sete templos. A visita ás sete igrexas simboliza a intención de acompañar a Xesús no camiño que o levou desde o Horto de Getsemaní, na noite da súa captura, ata a súa crucifixión no monte Calvario.

Nesta ocasión 120 persoas visitarán 7 distintas parroquias da Diocese, para acompañar no silencio, a meditación e a contemplación a Xesús camiño do Calvario.

1. Parroquia de Santa Marta (Xesús no Horto das Oliveiras)

    Na primeira igrexa lémbrase o traxecto de Xesús desde o Cenáculo, onde celebrou a Última Cea cos seus discípulos, ata o horto de Getsemaní, onde orou e suou sangue.

    2. Parroquia de Santa María de Sanguiñeda (Xesús en casa de Anás)

      Na segunda medítase sobre o paso desde o horto de Getsemaní ata a casa de Anás, o Sumo Sacerdote, onde foi interrogado por este e recibiu unha labazada.

      3. Parroquia de S. Salvador de Torneiros (Xesús en casa de Caifás)

        Na terceira estación, a oración céntrase no percorrido de Xesús ata a casa de Caifás, lugar onde recibiu cuspidelas, insultos e sufriu dores durante toda a noite.

        4. Parroquia de Sta. Maria de Areas (Xesús en casa de Pilato)

          O centro da reflexión para o cuarto templo é a primeira comparecencia de Xesús ante Pilato, o gobernador romano da rexión. Alí Cristo foi acusado polos xudeus que levantaron falsos testemuños contra el.

          5. Parroquia de S. Miguel de Ponteareas (Xesús en casa de Herodes)

            Nesta quinta parada acompáñase ao Señor na súa comparecencia ante o rei Herodes, quen xunto cos seus gardas tamén o inxuria.

            6. Parroquia de Sta. Teresa da Caniza (Xesús novamente de en casa de Pilato)

              Na sexta estación medítase sobre a segunda comparecencia ante Poncio Pilato. Alí Xesús foi coroado con espiñas e condenado á morte.

              7. Parroquia de Sta. María da Franqueira (Xesús no monte Calvario)

                No último templo lembramos o percorrido de Cristo desde a casa de Pilato ata o Monte Calvario levando a cruz ao lombo, a súa morte e o seu paso ao sepulcro, de onde resucitará ao terceiro día.