A última xornada do curso de formación permanente en Teoloxía e Ciencias Eclesiásticas destinado ao clero, relixiosos e laicos, que tivo lugar os martes no Seminario Maior «San Xosé» de Vigo, estivo dedicada a facer unha visita guiada ao próximo Pazo da Raposeira, tan ligado na súa historia final ao Seminario Maior vigués edificado precisamente en terreos antes pertencentes ás familias de Montenegro e Saavedra. A amena e pedagóxica explicación de Bruno, historiador e guía maxistral, explicando a reconstrución do Pazo levada a cabo polo Concello, fixo revivir nalgúns sacerdotes os recordos iniciais do seminario nacente que nos anos sesenta aínda compartían trato cos últimos habitantes do Pazo.
Á visita asistiron xunto co grupo correspondente de cidadáns previamente rexistrados, o concelleiro Angel Rivas, os bispos Antonio Valín e Luís Quinteiro e unha decena de sacerdotes.


