2/10/2022

,

Santos Ángeles Custodios
2/10/2022

,

Santos Ángeles Custodios

Vivo. Quen anda aí?

Vivo. Quen anda aí?

Este xoves, 3 de xuño, día do Corpus Christi, o Cinema Teatro Salesianos de Vigo proxecta a película documental «Vivo. Quen anda aí?» que narra a historia de cinco persoas que, mediante a adoración  eucarística, experimentaron o amor de Deus nas súas vidas. 

Para quen estea interesados en asistir, Cinema Teatro Salesianos pon ao dispor do público dúas sesións durante o xoves 3 de xuño: a primeira ás 18:00 e a segunda ás 20:30 horas. A venda de entradas, cuxo custo será de 4,50€, abrirá 45 minutos antes de cada función

SINOPSE

A vida parece que nos come e non nos deixa marxe para decidir… pero que pasaría se esa persoa, ese golpe do destino ou ese parón tivesen un sentido que non esperabas e cambiasen a túa mirada e o enfoque da túa vida?

Estas son catro historias, reais, que se atoparon cara a cara con alguén que moitos non logran ver…aínda que Jaime, Carlos, Andrea, Antonio e Sonsoles aseguran que está VIVO e devolveulles a vida.

Se escoitas Poderaslle oír e, se miras, Poderaslle ver, porque, aínda que custe crelo: Aí hai vida.

FICHA TÉCNICA

  • Título: Vivo. Quen anda aí?
  • Xénero: Documental.
  • Duración: 80 minutos.
  • País: España.
  • Ano: 2021.
  • Director: Jorge Parella.
  • Guión: Jaime Pineda.
  • Reparto: Andrea  Argiles, Antonio de Santiago, Sonsoles Montero, Carlos Giménez e Jaime Barón.
  • Producida por:  Hakuna Films Agrupación de Interese Económico.
  • Distribuída por: Bosco Films.
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp