28 de Marzo de 2024

,

San Sixto III
28 de Marzo de 2024

,

San Sixto III

Vixilia da Inmaculada para mozas

Vixilia da Inmaculada para mozas

O mércores 7 de decembro, ás 19:30 horas, no templo parroquial de Santiago o Maior de Vigo, a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria da diocese de Tui-Vigo organiza unha vixilia para mozas que presidirá o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza. Ademais de celebrar a misa, haberá un intre de adoración eucarística seguindo o esquema que a delegación desenvolve, cada mércores, no Corazón de María, onde se reúnen semanalmente ao redor de medio centenar de mozos de distintas idades. Finalmente, unha vez terminada a celebración litúrxica, a mocidade gozará dun intre de convivencia fraterna nos locais parroquiais

A través de actividades deste tipo, a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria da diocese de Tui-Vigo busca crear espazos de encontro para conectar a mocidade que participan da vida da Igrexa en calquera punto da xeografía diocesana, de modo que poidan coñecer diferentes realidades para continuar crecendo e profundando na fe, xunto a máis mozos e mozas. Desde hai dous anos, tamén ofrecen espazos de formación, acompañamento e nova evanxelización como o curso Alpha ou «Unha luz na noite», para que mozose mozas poidan aprender falar da fe aos seus iguais.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp