19 de Abril de 2025,
San León IX

Vixilia de oración polas vocacións sacerdotais

Vixilia de oración polas vocacións sacerdotais
Foto: Vigilia de oración organizada por la delegación de Pastoral Vocacional (marzo 2021)

Ante a proximidade do «Día do Seminario», que a Igrexa en España celebra este ano baixo o lema «Sementadores de esperanza», o sábado 15 de marzo, a as 22:00 horasa Adoración Nocturna Española (ANE) de Tui-Vigo organiza unha vixilia na capela do Seminario Maior «San Xosé», para interceder polas vocacións sacerdotais de todo o mundo e, en particular, da diocese tudense. A celebración estará presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín Valdés.

Con máis de 125 anos de presenza no territorio diocesano, a Adoración Nocturna Española de Tui-Vigo conta, na actualidade, con aproximadamente 400 adoradores que se reúnen periodicamente para adorar o sacramento da Eucaristía, o que supón un total de 36 quendas de adoración repartidos por diferentes parroquias da diocese.