23 de Abril de 2024

,

San Jorge
23 de Abril de 2024

,

San Jorge

Voluntariado, o motor de Cáritas

Voluntariado, o motor de Cáritas
Foto: El obispo de Tui-Vigo, junto a los equipos de las nuevas Cáritas parroquiales de Bouzas y Soutomario | © Diocese de Tui-Vigo

«Cáritas non podería levar a cabo a súa misión sen a implicación das persoas voluntarias», con estas palabras comezou a intervención de Gonzalo Davila, director de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, durante a eucaristía que o bispo Mons. Luís Quinteiro presidiu no templo parroquial de San Salvador de Coruxo , o xoves 15 de decembro, para celebrar o Día do Voluntariado e o Nadal. Davila engadiu que os voluntarios «son o motor que impulsa e que fai posible a acción de acollida, de escoita e promoción daqueles aos que o papa Francisco denomina vítimas do descarte».

Preto de unha trintena de representantes de diferentes Cáritas parroquiais da diocese de Tui-Vigo acudiron a esta eucaristía na que o bispo de Tui-Vigo expresou que «sen amor é imposible camiñar xuntos, pero hoxe sentimos que está misión que o Señor nos/nos encomenda forma parte do seu misterio de redención». Cada un destes representantes, entregou ante o altar unha vela acesa como signo do amor co que Cáritas quere iluminalo todo durante este Nadal; un xesto que Mons. Luís Quinteiro cualificou como «un dos momentos máis bonitos, máis fermosos desta celebración». Neste sentido, o prelado engadiu que «non sabemos como serán as parroquias do futuro nin como se constituirán, pero si sabemos, temos a certeza xa hoxe, de que cando haxa unha celebración como esta todas as parroquias terán a súa Cáritas».

Durante a eucaristía, Javier Alonso, delegado episcopal de Acción Caritativa e Social da diocese, dirixiuse ás 558 persoas voluntarias que, día a día, contribúen ao bo funcionamento de máis de medio centenar de Cáritas parroquiais e interparroquiais repartidas por toda a xeografía diocesana: «Grazas por vivir o teu voluntariado como unha vocación, como unha resposta á chamada a vivir no amor de Deus. Grazas por escoitar esa invitación de Deus a dar a vida, a entregarse desde o máis fondo do corazón. Grazas por poñer os teus talentos e os teus dons ao servizo da causa do Reino. Grazas polo teu tempo, pola túa xenerosidade, por tentar dar, cada día, o mellor de ti, ás veces con limitacións si, pero co desexo de facer posible, palpable e visible o amor de Deus»

Esta celebración, tal e como expresou Gonzalo Davila, constituíu unha oportunidade para «presentar con orgullo e con alegría dous novos equipos de Cáritas parroquial: San Miguel de Bouzas  e o Divino Salvador de Soutomaior». O bispo de Tui-Vigo entregou aos novos equipos a placa de Cáritas que, desde agora, indicará o lugar no que se exerce a caridade nas parroquias de Bouzas  e Soutomaior.

Tras a celebración litúrxica, todos os asistentes á eucaristía puideron gozar dun ágape nos locais parroquiais de Coruxo , para continuar construíndo esa gran rede caritativa da diocese de Tui-Vigo, capaz de iluminar o mundo mediante a entrega gratuíta de cada unha das persoas voluntarias que, tal e como expresou Gonzalo Davila, viven comprometidas  con «a defensa dos dereitos e da dignidade das persoas que padecen a inxustiza da pobreza» e que creen «no cambio social cara a unha sociedade máis xusta».

Eucaristía de Navidad de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo | © Maricarmen Castro
Mons. Luis Quinteiro presidió la eucaristía en la que se celebró el Día del Voluntariado y la Navidad, y se presentaron las nuevas Cáritas parroquiales de Bouzas y Soutomaior
« de 25 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp