28/09/2022

,

San Wenceslao
28/09/2022

,

San Wenceslao

Vox Organalis interpretará pezas de Juan Ponce ou Pedro Escobar en Barcia de Mera

Vox Organalis interpretará pezas de Juan Ponce ou Pedro Escobar en Barcia de Mera

Este sábado, 28 de agosto, ás 20 horas, o grupo vocal  Vox  Organalis, que forma parte da estrutura do Coro Campus  Stellae, participarán no  XIII Ciclo de música  relixiosa San Martiño de Barcia de Mera, interpretando obras Juan  Ponce ou Pedro Escobar, entre outros.

Debido ás limitacións de aforo a causa do covid-19, será necesario reservar entrada previamente na recepción do balneario de Mondariz ou a través do número de teléfono: 658 627 525. O custo da entrada será de 5€.

A parroquia de Barcia de Mera, situada no municipio pontevedrés de Covelo, acolle cada verán este ciclo musical que, nesta ocasión, conta cun total de sete concertos programados desde abril ata setembro. Este ano os asistentes poderán gozar de novas producións como “ Vésperas  na honra de  san Martiño” interpretada polo grupo  Vox  Stellae  Ensemble, ou a ópera «María  Estuardo» con música de  Schiller e  Donizetti.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp