19 de Novembro de 2026,
San Abdías

«Vox Stellae», no XVIII Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera

«Vox Stellae», no XVIII Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera
FOTO.- Iglesia de San Martiño de Barcia de Mera | © Santiago Vega

O sábado 12 de setembro, ás 20.00 horas, na igrexa barroca de San Martiño de Barcia de Mera, o coro de cámara «Vox Stellae» clausurará a XVIII edición do XVIII Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera. As persoas interesadas en solicitar máis información ou efectuar a súa reserva poden facelo a través do número de teléfono: 658 627 525.

A parroquia de Barcia de Mera, situada no municipio pontevedrés de Covelo , acolle cada verán este ciclo musical que, nesta ocasión, conta cun total de oito concertos programados entre o 25 abril e o 12 de setembro. É necesario reservar previamente (donativo: 10 euros). Unha cita imprescindible que segue situando ao concello de Covelo  nun referente cultural.