20/10/2020

,

San Honorio

Vox Stellae revive os cantorales de polifonía da Catedral de Tui

Vox Stellae revive os cantorales de polifonía da Catedral de Tui

O pasado sábado, o coro compostelán, Voz  Stellae, dirixido por Luís Martínez, revivía os  cantorales de polifonía dos séculos  XVII e  XVIII. Estes  cantorales pertencen ao volume IV da serie “Música  na Catedral de Tui”, promovida polo Bispado de Tui-Vigo e a Asociación Cultural Barcia de Mera. 

O coro compostelán visitará Melide, Ribadavia e Muxía antes de pechar este ciclo de concertos na igrexa do Mosteiro de Santa María de Oia, o domingo 27 ás sete da tarde

Este ciclo de concertos comezaba o 5 de setembro na catedral de Tui cun concerto de órgano a cargo de Joaquín Barreira, para mostrar ao público a música contida no volume III da serie.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp