Onte, mércores 1 de xullo, a capela de San Xián, situada na cima do parque natural do monte Aloia en Tui, acolleu o primeiro retiro para sacerdotes que a Vigairía para o Clero da diocese de Tui-Vigo organiza cada verán. Tras a meditación impartida por Fernando Cerezo, cóengo da catedral e párroco de San Martín de Coia e Santa Baia de Alcabre , houbo tempo para a adoración eucarística. A xornada finalizou cunha comida de confraternización.
Os próximos retiros, que comezarán ás 11.00 horas, serán en :.
- Mércores 5 de agosto, na parroquia de San Martiño de Caldelas de Tui.
- Mércores 2 de setembro, no santuario da Nosa Señora da Franqueira .
O obxectivo destes encontros é compartir un intre de oración e confraternización entre o clero diocesano durante os meses estivais de xullo, agosto e setembro. Tras cada sesión, haberá oportunidade de gozar de unha comida de confraternización comunicándoo previamente a José Diéguez Dieppa, vigairo para o Clero de Tui-Vigo.
Ademais destes retiros durante o verán, cada ano, a Vigairía para o Clero da diocese de Tui-Vigo encárgase de organizar unha quenda de exercicios espirituais para sacerdotes. Tamén promove a participación nas xornadas de formación permanente para sacerdotes que teñen lugar en Poio durante o mes de setembro, e que son posibles grazas ao traballo conxunto das delegacións do Clero da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela.

