Durante todo o mes de outubro celébrase en Roma a primeira sesión da XVI Asemblea Xeral Ordinaria do Sínodo. O tema desta Asemblea é a sinodalidade, o modo de ser e o modo de facer da Igrexa neste terceiro milenio.
O papa Francisco abriu a primeira Congregación Xeral do Sínodo sobre a Sinodalidad en Roma e lembrou a todos os participantes reunidos na Aula Paulo VI que a asemblea «non é un parlamento, nin un encontro entre amigos». O papa pediu que sexa obxecto dun prolongado discernimento en toda a Igrexa.
A Basílica de San Pedro acompañará a XVI Asemblea Xeral Ordinaria do Sínodo dos Bispos con iniciativas diarias de oración. Os peregrinos poderán unirse á oración polo Sínodo nas Misas celebradas na Basílica e coa Adoración vespertina.