Como cada ano, o Secretariado da Comisión para a Liturxia da Conferencia Episcopal Española publicou o Calendario Litúrxico-Pastoral 2026-2027 que busca ser un instrumento eficaz para a preparación das celebracións, de modo que a vivencia destas sexa un verdadeiro encontro con Cristo.
Os exemplares desta nova edición do Calendario Litúrxico-Pastoral xa están dispoñibles na oficina da chancelería do Bispado. Xunto co Calendario tamén están dispoñibles os «Salmos responsoriais e suxestións de cantos para os Domingos e Solemnidades do ano litúrxico 2026-2027» e a axenda 2027.