6/10/2022

,

San Bruno
6/10/2022

,

San Bruno

Xa dispoñibles as datas dos Cursos Prematrimoniais

Xa dispoñibles as datas dos Cursos Prematrimoniais
Foto: Banco de imágenes gratuito © Pexels.

A delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo acaba de publicar as datas dos Cursos Prematrimoniais, paso previo para todas aquelas parellas con data de voda que soliciten recibir o sacramento do matrimonio. Os cursos comezarán o vindeiro sábado 12 de febreiro e prolongaranse ao longo de todo o ano ata o mes de novembro —exceptuando os meses estivais de xullo e agosto—.

Na cidade de Vigo, os cursos distribuiranse por catro arciprestados e serán impartidos polos sacerdotes e os diferentes equipos de pastoral familiar nas seguintes comunidades parroquiais: María,  Nai do Bo Pastor — P. P.  Capuchinos—, Santa Teresa, o Cristo da Vitoria e San Paio de Navia. Tamén haberá posibilidade a máis cursos en Porriño, en Guláns, en Priegue e no Seminario Menor de Tui.

A delegación de Pastoral Familiar oferta catro quendas a maiores, impartidas por matrimonios que colaboran como voluntarios na delegación: dous delas durante os meses de maio e xuño —os sábados de 10 a 13:30 horas— no Seminario Maior de Vigo; outras dúas durante os meses de marzo e setembro —martes e xoves ás 20:30 horas— nos locais parroquiais de Santiago o Maior de Vigo.

Desde a Pastoral Familiar de Tui-Vigo, remarcaron a importancia de inscribirse previamente para coñecer o número de parellas interesadas e as posibilidades de desenvolvelos tendo en conta dos espazos parroquiais nos que se impartiría. Neste sentido, advirten que a realización ou a suspensión dos cursos estará suxeita ás restricións socio-sanitarias do momento. Para inscribirse, as parellas deben contactar cos responsables do arciprestado a través do número de teléfono que aparece no calendario dos cursos do 2022 e que se pode consultar a través da seguinte ligazón.

Ademais das datas presenciais, a delegación tamén ofrece cursos  on-line para casos excepcionais. Os delegados animan encarecidamente a participar de maneira presencial, xa que compartir con outras parellas este camiño de formación supón unha experiencia enriquecedora. Os interesados nesta modalidade telemática poden solicitar máis información a través do correo electrónico: pfamiliar@diocesetuivigo.org.

Os Cursos Prematrimoniais constitúen unha oportunidade de “axudar aos mozos para descubrir o valor e a riqueza do matrimonio”, tal e como explica o papa Francisco no seu  exhortación  apostólica dedicada á beleza do matrimonio,  Amoris  Laetitia. Ademais, trátase dun momento para poñer sobre a mesa cuestiones que, quizais, non se trataron en profundidade durante o noivado, así o explicou unha moza parella, Alba e Diego, que contou a súa recente experiencia dos cursos no programa diocesano de COPE, O Espello de Tui-Vigo

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp