23 de Abril de 2024

,

San Jorge
23 de Abril de 2024

,

San Jorge

Xa está aberta a inscrición para o Curso de Teoloxía para Sacerdotes

Xa está aberta a inscrición para o Curso de Teoloxía para Sacerdotes
Foto: Asistentes al Curso de Teología para Sacerdotes del curso 2021-2022.

O vindeiro sábado 1 de outubro, o Centro Teolóxico «San José» pecha o prazo para inscribirse no Curso de Teoloxía para Sacerdotes —máis coñecida como formación permanente no ministerio sacerdotal—, unha formación integral destinada aos presbíteros, a través dun modelo teolóxico-pastoral e sistemático que inclúe materias de fondo, cursos monográficos e charlas-coloquio ao longo de todo o ano académico.

Neste curso 2022-2023, o profesor Antonio Menduiña Santomé será o encargado de iniciar as seis primeiras sesións formativas baixo o título «Pentateuco sapiencial». A continuación, impartiranse outras seis sesións sobre «Liberdade relixiosa. Comisión Teolóxica Internacional», que se divide en tres bloques coordinados por diferentes profesores ou institucións: Axuda á Igrexa Necesitada, para abordar o aspecto social; o profesor Javier Pascual, para tratar o aspecto xurídico; e o profesor Guillermo Juan Morado, para profundar no aspecto teolóxico.  

Ademais destas materias de fondo, tamén se desenvolveron catro cursos monográficos: «A parroquia evanxelizadora», impartido por José Vidal; «Nota doutrinal sobre a obxección de conciencia»,  por Clodomiro Durán; «Desiderio Desideravi, sobre a formación litúrxica», por José Diéguez Dieppa; e «Teoloxía e Espiritualidade do ministerio apostólico presbiteral», por Anxo Carniceiro. Cada un destes cursos componse de tres sesións distribuídas desde outubro ata febreiro. 

Aqueles sacerdotes que queiran asistir, poden facelo ás materias de fondos ou ben aos cursos monográficos segundo o interese persoal, xa que a entrada será libre. Neste sentido, desde a secretaría do centro lembran as palabras do papa Francisco á comunidade do Pontificio Seminario Lombardo en febreiro deste ano: «para ter palabras de vida é necesario dobregar a ciencia ao Espírito na oración e logo vivir as situacións concretar da Igrexa e do mundo».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp