25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

Xa está dispoñible a cuarta edición da Biblia en galego

Xa está dispoñible a cuarta edición da Biblia en galego
Foto: Presentación de la 4º Edición de la Biblia en gallego en el Instituto Teológico Compostelano.

A editorial Sociedade Estudos, Publicacións e Traballos (SEPT) acaba de publicar a 4º Edición da Biblia en galego —revisión lingüística do 2021— que xa está adquirir por un custo de 35€ en librerías e na páxina web da editorial SEPT. A presentación desta nova edición lugar no Instituto Teolóxico de Santiago de Compostela, o pasado martes 12 de xullo, coa presenza do arcebispo compostelán, Mons. Julián Barrio, o presidente de SEPT, Francisco Domínguez, o biblista e supervisor desta nova edición, Xosé Fernández, e o conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Román Rodríguez. 

As librerías interesadas en contar con exemplares desta nova edición da Biblia en galego, poden escribir ao correo da Editorial Galaxia, encargada da distribución: pedidos@editorialgalixia.gal. Tamén é posible adquirila directamente coa editorial SEPT, a través do correo editorialsept@gmail.com; as persoas que contacten directamente con SEPT poderán dispoñer un de desconto do 25% por un exemplar —sen contar os gastos de envío, que serán 3€ e que non se cobrarán a partir de 3 exemplares— e do 50% a partir de 50 exemplares.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp