25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

Xa podes consultar o plan de estudos de «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos»

Xa podes consultar o plan de estudos de «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos»
Foto: Alumnos de «Ágora: Escuela de Teología, ministerios y servicios», durante el acto de clausura del curso 2021.

A vigairía de Pastoral acaba de publicar o plan de estudos do segundo curso de «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos» que, ademais das materias de Teoloxía Moral, O misterio de Deus, Introdución ao Novo Testamento e Antropoloxía Cristiá, inclúe tres seminarios para profundar en temas concretos que serán impartidos polos sacerdotes diocesanos: José Vidal, José A. Eiró e Luís Pouse. 

Este novo curso de «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos» inaugurarase o mércores 5 de outubro ás 20 horas no Seminario Maior de Vigo. O primeiro bloque temático de Teoloxía Moral impartido por Clodomiro Ogando comezará o mércores 18 —no mesmo lugar e á mesma hora que o acto de inauguración—.

Os interesados en participar nesta nova iniciativa formativa poden reservar praza antes do 6 de outubro a través do correo electrónico vicariopastoral@diocesetuivigo.org. A inscrición na Escola de Teoloxía, ministerios e servizos ten un custo individual de 30€.

Sobre «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos»

A escola diocesana de formación Ágora, que funcionou desde o ano 2008, redefiniuse no ano 2021 como unha escola de Teoloxía, ministerios e servizos cuxo obxectivo é formar a todas as persoas que queiran profundar nos seus coñecementos teolóxicos e, de maneira específica, a aquelas persoas que realizan, ou desexan realizar, algún servizo ou ministerio dentro da comunidade cristiá —persoas que exercen o acolitado, o lectorado, a animación litúrxica, o voluntariado, etc., así como catequistas ou outros axentes de pastoral—.

Para axudar a profundar na fe da Igrexa, o plan de estudos da escola componse de 12 materias de introdución á Teoloxía, repartidas en tres cursos e catro liñas específicas de formación: Lectorado, Acolitado, Catequese e Voluntariado. Basearase nun modelo básico, sistemático e integral de ensino xunto cunha metodoloxía participativa na que se combina o ensino maxisterial do docente co traballo persoal do alumno.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp