O xoves 13 de febreiro, ás 10.30 horas, o Seminario Maior «San Xosé» en Vigo acolleu a reunión constitutiva do novo Consello de Presbiterio, presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín. O día anterior, mércores 12, foi publicado o decreto de constitución, xunto coa listaxe de membros deste órgano consultivo.
O Consello de Presbiterio está conformado polos membros natos —vicarios, delegados episcopais, presidente do Cabido, formador do Seminario Interdiocesano, director do Centro Teolóxico e director diocesano de OMP—, polos membros electivos —elixidos por votación nos diferentes arciprestados e grupos pastorais— e polos membros de libre designación episcopal. Neste último caso, o prelado tudense designou a tres sacerdotes diocesano: Juan Andión Marán, Francisco José Cabaleiro Lorenzo e Clodomiro Ogando Durán.
Tal e como se explica nos estatutos do Consello Presbiteral, trátase dun órgano consultivo e «é a canle representativa para que o bispo escoite aos seus sacerdotes, consúlteos e trate con eles sobre cousas referentes ás necesidades do traballo pastoral e ao ben da diocese».



