25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

XI Semana de Cine Espiritual de Galicia

XI Semana de Cine Espiritual de Galicia
191106-Santiago-CineEspiritual-galego-2019

Como en anos anteriores, a Delegación de Xuventude da Conferencia Episcopal Española, Escolas Católicas, Edebé e Signis organizan a nivel nacional a Semana de Cine Espiritual, na que participan máis de 150.000 mozos (alumnos de escolas nas sesións da mañá) e máis de 200.000 personas na sesión aberta chamada “Mostra de Cine Espiritual” (entrada gratuíta, en sesións de tarde) en toda España. O lema deste ano é “¡Vive! En terra estraña” en concordancia coa exhortación “Christus Vivit” do Papa Francisco.

En Galicia celébrase a XI edición da Semana de Cine Espiritual, organizada por Escolas Católicas de Galicia, Delegación de Infancia e Xuventude das Dioceses de Galicia e BoscoVision ProduCinema. Concretamente en Vigo, as sesións para escolares se celebrarán ás 10h. os días 12 e 13 de novembro, cos filmes “A Ganar” e “Mía y el León Blanco”, que se proxectarán en Multicines Norte de Vigo.

Amais, realizarase unha sesión para tódolos públicos, con entrada gratuíta ata encher o espazo, no Cine Salesianos o xoves 14 de novembro ás 20:30h. Nesta ocasión, proxectarase a película de Juan Manuel Cotelo “El mayor regalo”, sobre o valor do perdón a través de experiencias auténticas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp