5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska
5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska

XII Ciclo de Cine Social de Cáritas

XII Ciclo de Cine Social de Cáritas

Dende o luns 3 e ata o venres 7 de febreiro, o Cine Teatro Salesianos de VVigo (r/Venezuela, 3) acolle a “Semana de Cine Social” na súa 12ª edición, organizada por Cáritas Diocese de Tui-Vigo, con proxeccións gratuítas para escolares en sesión de mañá.

Para os alumnos de Educación Primaria proxectarase a película “El viaje de Arlo”, unnha galardoada largometraxe de animación que pon en valor a amizade, a afouteza e a capacidade para descubrir os propios dons. Pola súa banda, os alumnos da ESO, terán a oportunidade de traballar sobre a historia narrada na película “Terraferma”, que presenta os dilemas duns habitantes de Sicilia que buscan impulsar a industria do turismo no seu territorio ao tempo que deben facer fronte ao drama da emigración que chega ás súas costas.

Este último filme será proxectado tamén en función aberta e gratuíta para todo o público o martes 4 de febreiro ás 19:30h.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp