O sábado 17 de abril entre as 10:00 h e as 13:00 h, terá lugar o XLII Curso Rexional de Pastoral da Saúde de Galicia, que este ano organizou a delegación diocesana de Santiago en colaboración co Secretariado Interdiocesano. Este curso enmárcase dentro da Campaña do Enfermo 2021 que ten por lema “Coidémonos mutuamente”.
Este último ano foi especialmente duro para moitos enfermos e maiores que pasaron longos períodos de tempo sós, nas súas casas ou nas súas residencias illados das súas familias. Tamén nos momentos do final da vida moitos enfermos non puideron contar coa compañía dos seus seres queridos, o que contribuíu a que o duelo dos familiares sexa especialmente difícil. Ao mesmo tempo, entre os profesionais da saúde e os coidadores vivíronse momentos de especial dificultade e cansazo.
Ante estas situacións que aínda seguimos vivindo, necesitamos compartir as nosas experiencias desde a fe, desde a esperanza e desde a caridade: como nos están afectado, como as interpretamos e, sobre todo, se pode resultar de todas estas situacións algo positivo a nivel individual e como Iglesia.
Este curso está especialmente dirixido aos voluntarios de pastoral da saúde, profesionais do mundo sanitario e sociosanitario, relixiosas, relixiosos, sacerdotes e a todas aquelas persoas interesadas no mundo sanitario. Pódese seguir a través da canle de Youtube do Instituto Teolóxico Compostelán e non é necesario inscribirse, tan só é necesario picar na ligazón: https://youtu.be/yFO0IDQT_j0 ou captando o código QR que aparece no cartel.
As persoas que sigan o evento poderán formular preguntas ao final de cada relatorio a través do chat de Youtube.