O vindeiro día 31 de maio, con motivo da solemnidade de Pentecostés, celebraremos a Xornada da Acción Católica e o Apostolado Segrar. Unha celebración que viviremos no medio da situación difícil e complicada pola que estamos a pasar todos. Por unha banda, a ameaza do coronavirus sobre nós, as nosas familias, comunidades e sobre toda a humanidade, e por outra, a dor dos que nas propias carnes sufriron os efectos do contaxio, a morte de tantos seres humanos e as súas familias rotas pola dor, e as consecuencias cada vez máis alarmantes da situación socioeconómica que afecta a tantas familias, conmóvennos e ata desalentan.
Como acto central da Xornada, o Sr. Bispo convídanos a participar na VIXILIA DIOCESANA DE PENTECOSTE que presidirá o sábado, día 30 de maio, ás 6.00 da tarde na Parroquia do Corazón de María de Vigo. Por limitación de aforo, en cumprimento coas disposicións vixentes da desescalada, tamén poderemos seguir a celebración que será emitida en directo pola canle de Youtube: Parroquia Corazón de María de Vigo.
MATERIAIS
- Carta do Delegado – DESCARGAR
- Mensaxe dos Bispos de España – DESCARGAR
- Subsidio litúrxico Eucaristía – DESCARGAR
- Cartel Xornada – DESCARGAR
- Video Reportaxe: “Pentecoste, Espíritu de Deus” – DESCARGAR
- Recopilación de vídeos – Creatividade e testimonio – DESCARGAR