3/10/2022

,

San Francisco de Borja
3/10/2022

,

San Francisco de Borja

Ábrese a inscrición para a «Xornada Rexional de Servizos Relixiosos Hospitalarios e de Residencias»

Ábrese a inscrición para a «Xornada Rexional de Servizos Relixiosos Hospitalarios e de Residencias»

As delegacións de Pastoral da Saúde de Galicia celebran a Xornada Rexional de Servizos Relixiosos Hospitalarios e de Residencias que, nesta ocasión, leva por lema «Coidémonos mutuamente». A Xornada, que comezará ás 10 da mañá, impartirase de maneira  on-line o vindeiro luns, 25 de xaneiro.

Desde a delegación de Pastoral da Saúde de Tui-Vigo, convidan á participación da Xornada Rexional de Servizos Relixiosos Hospitalarios e de Residencia cuxa convocatoria telemática provocou que a inscrición se abra ao público, independentemente de que pertenzan, ou non, aos servizos relixiosos hospitalarios o de residencias. Todos aqueles interesados en participar deberán poñerse en contacto con Juan Benito Rodríguez, delegado diocesano de Pastoral da Saúde, a través do correo electrónico juberogue@gmail.com.

Alfonso Carrasco, bispo de Lugo e responsable da Pastoral da Saúde en Galicia, inaugurará a xornada que comezará coa presentación de Ignacio  Carbajosa, autor do libro: Testemuña de excepción. Diario dun cura nun hospital  Covid (Editorial Encontro). Despois, Julio García  Comesaña, conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, saudará aos asistentes.

A continuación, tomarán a substitución Jorge  Padro, traballador no Sergas, e Alfredo Losada, responsable de Protección de Datos no Bispado de Lugo, para presentar o relatorio «A protección de datos nos Servizos Relixiosos Hospitalarios».

José Ramón Amor, doutor en Teoloxía Moral, director do Observatorio de  Bioética e. Ciencia da Fundación Pablo VI e membro do servizo relixioso do Hospital Clínico Universitario da Coruña, falará sobre «O derrube da Ética tradicional».

Antes da clausura da  Xornada por parte de Julián Barrio, arcebispo de Santiago de Compostela, o director do departamento de Pastoral da Saúde da Conferencia Episcopal Española e delegado diocesano de Madrid, José Luis Méndez, presentará o lema e os materiais da campaña do enfermo para este ano 2021.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp