4/08/2020

,

San Juan María Vianney

Xornada Mundial da Vida Consagrada

Xornada Mundial da Vida Consagrada

Un ano máis, o día 2 de febreiro, Festa da Presentación do Señor, a Igrexa convídanos a celebrar a Xornada Mundial da Vida Consagrada, este ano co lema “A Vida Consagrada con María, esperanza dun mundo sufrinte”.

Como nos fai lembrar a carta para esta Xornada do Delegado Episcopal de Vida Consagrada na nosa Diocese, P. Alfredo García CMF, “María mantivo a esperanza nas dificultades que tivo que soportar no desenvolvemento da súa misión, e por iso é proposta como supremo modelo de Vida Consagrada. O mundo actual precisa testemuñas que manteñan a esperanza que nace da confianza no Señor nun momento no que a situación social e eclesial –e, en concreto, a da vida consagrada– convida ao desánimo”.

A celebración desta Xornada convídanos á acción de grazas a Deus pola vida e misión dos consagrados e consagradas da nosa Igrexa local: son en total 385 consagrados que, na vida contemplativa ou activa, son testemuño do amor de Deus na nosa Diocese. O próximo domingo convídasenos a orar por eles e polas vocacións, pedindo que cada comunidade relixiosa poida actualizar a súa chama ao servizo da Igrexa e a súa fidelidade ao carisma que cadaquén ten recibido.

O propio día 2 de febreiro, o noso Bispo presidirá a celebración diocesana na Parroquia de María Auxiliadora (Salesianos) de Vigo ás 19:45h.

Para coñecer máis sobre a vida consagrada na nosa Diocese, é posible visitar aquí o diretorio atualizado.

Os materiais da Conferencia Episcopal Española para a Xornada da Vida Consagrada 2020 poden atoparse nesta ligazón.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on print
Print